miércoles, 15 de junio de 2016

Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego está no que foron as instalacións do Convento de San Domingos de Bonaval, antigo convento dominico do século XIII con elementos góticos, barrocos e neoclásicos.

O convento foi fundado por San Domingos de Guzmán, que peregrinou a Santiago no ano 1219. O documento máis antigo no que se cita o convento, coa primitiva advocación de Santa María, data de 1228. Desde o século XV aparece xa co título de San Domingos, e baixo o patrocinio da casa de Altamira.

Coa exclaustración das ordes relixiosas, o convento pasou a mans do Concello. En 1977, a petición do Padroado do Museo do Pobo Galego, recentemente constituído, o Concello cedeu o edificio para a creación do museo do mesmo nome.


A tripla escaleira helicoidal

Destaca no interior do Museo a extraordinaria escaleira tripla de caracol helicoidal dos séculos XVII e XVIII, obra tamén do arquitecto Domingo de Andrade. Componse de tres espirais independentes.
No mesmo espazo desenvólvense tres ramplas independentes, que conducen a diferentes pisos; só unha delas chega ao miradoiro. Os pasos da escaleira están feitos dunha peza enteira, encravándose por un nervio exterior sen necesidade de encaixar no muro nin unirse uns ós outros.










No hay comentarios:

Publicar un comentario