lunes, 19 de septiembre de 2016

Arquímedes e a coroa de Hierón

INTRODUCIÓN AO ESTUDO DA MATERIA

Pulsando nesta imaxe do experimento interactivo que nos permite recrear o experimento que levou adiante  o célebre Arquímedes coa súa célebre Eureka!! adentrámonos no estudio da materia, xa sabedes, aquilo do que todo está formado coas súas propiedades, os seus cambios de estado, presentacións na natureza, . . . .  
Xa sabedes, a modiño e verificando respostas, anotando dúbidas, tomando nota das conclusións, . . . como se estudia, claro.

miércoles, 15 de junio de 2016

Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego está no que foron as instalacións do Convento de San Domingos de Bonaval, antigo convento dominico do século XIII con elementos góticos, barrocos e neoclásicos.

O convento foi fundado por San Domingos de Guzmán, que peregrinou a Santiago no ano 1219. O documento máis antigo no que se cita o convento, coa primitiva advocación de Santa María, data de 1228. Desde o século XV aparece xa co título de San Domingos, e baixo o patrocinio da casa de Altamira.

Coa exclaustración das ordes relixiosas, o convento pasou a mans do Concello. En 1977, a petición do Padroado do Museo do Pobo Galego, recentemente constituído, o Concello cedeu o edificio para a creación do museo do mesmo nome.


A tripla escaleira helicoidal

Destaca no interior do Museo a extraordinaria escaleira tripla de caracol helicoidal dos séculos XVII e XVIII, obra tamén do arquitecto Domingo de Andrade. Componse de tres espirais independentes.
No mesmo espazo desenvólvense tres ramplas independentes, que conducen a diferentes pisos; só unha delas chega ao miradoiro. Os pasos da escaleira están feitos dunha peza enteira, encravándose por un nervio exterior sen necesidade de encaixar no muro nin unirse uns ós outros.










lunes, 13 de junio de 2016

O Pórtico da Gloria e a Música Medieval



Vídeo explicativo que conta a reconstrución dos instrumentos do Pórtico da Gloria


Instrumentos medievais reconstruídos a partir dos orixinais en pedra da Sala Sinodal do Pazo de Xelmírez (séc. XIII) en Compostela. realizado polo Obradoiro de instrumentos musicais da Deputación de Lugo.

O organistrum

Salterio percutido medieval:


Arpa medieval:


Rabel medieval

jueves, 9 de junio de 2016

martes, 24 de mayo de 2016

Unidades de lonxitude e de superficie

Na páxina á que te leva este enlace, poderás practicar as unidades de medida de lonxitude coa famosa máquina cambiaunidades. Só terás que indicarlle a cantidade e a unidade de medida e a continuación pulsar o botón da unidade en que queres o resultado. Adiántante aos resultados e comproba os avances.
Nos outros dous enlaces practicarás coas unidades de superficie e unidades agrarias con  boas actividades interactivas que che irán dando pistas sobre os conceptos que tés que repasar.

A MÁQUINA QUE CAMBIA DE UNIDADE
http://agrega.educacion.es/repositorio/04042013/7a/es_2013040412_9134521/ITEM-54fd5f4a-5c1e-3e81-8df0-004a6836dcad/practica/maquinaa1.html

AS UNIDADES DE SUPERFICIE





AS UNIDADES AGRARIAS

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1285579719/contido/mt12_oa4_es/index.html


domingo, 22 de mayo de 2016

As plantas

Esta primavera estudaremos as plantas. Neste enlace poderedes repasar a súa clasificación (con e sen flores), a nutrición, a reprodución e a fotosíntese. 


As plantas


sábado, 16 de abril de 2016

Un pouco de historia

A Prehistoria é unha longa etapa que vai dende a aparición do ser humano ata a invención da escritura.

Estudando este tema descubrirás cousas moi interesantes dos nosos antepasados: forma de vida, alimentación, arte, evolución,...

Recursos para que consultes (facendo clic nas imaxes):

1 -  Liña do tempo da historia
http://www.slideboom.com/presentations/95849/13.1-L%C3%ADnea-del-tiempo-de-La-Historia?pk=74b6-ce80-6e23-7e9b-aa4d-3f05-8143-a44c




 2 - Viaxando a través da historia

http://catedu.es/chuegos/historia/historia.swf



3 - Os primeiros poboadores: Lección en Clarion

http://www.clarionweb.es/5_curso/c_medio/cm514/cm51401.htm

4 - As pegadas do tempo: Nos tempos da Prehistoria






5 - Vídeo A cova de Altamira




6 - Fundación Atapuerca 




7 - Vídeo petróglifos





8 - Test Prehistoria

http://www.testeando.es/test.asp?idA=46&idT=ypscgaqo


lunes, 15 de febrero de 2016

GUILLERME TELL, A ÓPERA

Ópera producida polo Gran Teatro do Liceu de Barcelona e escenificada pola compañía La Baldufa. Espectáculo cantado, que combina diferentes técnicas artísticas como os títeres, as sombras chinas e as proxeccions de animación audiovisual, cunha escenografía inspirada na época medieval. È un canto á libertade, en clave de humor, no que os personaxes amosan os seus sentimientos e soños. 




Enlaces na web onde buscar  máis información:
 

  • Páxina web da compañía LA BALDUFA:
                     http://www.labaldufateatre.com/es/espectacles/guillem-tell/


  • Biografía de Rossini: 
                     https://es.wikipedia.org/wiki/Gioachino_Rossini


  • Información sobre Guillerme Tell:
                     https://gl.wikipedia.org/wiki/Guillerme_Tell